Ir o contido principal

Santo Enterro

Santo Enterro
Autor atribuído
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVI
Cronoloxía
s. XVI (segunda metade)
Descrición

Representación do Santo Enterro realizado en cera coloreada sobre unha base de xaspe. A escena presenta a un grupo de personaxes encadeados entre os que destaca a figura central de Cristo, xa falecido, e cuxo corpo aparece sostido por San Xoán e Nicodemo. No grupo do fondo, a imaxe dunha María sufrinte destaca sobre o resto das figuras. A ámbolos dous lados, María de Cleofás e María de Magdala sosteñen á Virxe ao tempo que a acompañan na súa dor, todo en presenza doutras dúas figuras nos extremos. 

A composición divídese en dous rexistros diferenciados determinados pola propia disposición das personaxes. Por unha banda, no grupo superior as figuras aparecen íntimamente encadeadas e manteñen unha disposición isocefálica. No plano inferior, pola súa parte, as tres figuras manteñen a diagonal marcada polo corpo de Cristo, outorgando así certa profundidade e un carácter máis dinámico á escea. Este último aspecto aparece reforzado sen dúbida pola tensión dos movementos dos dous homes que sosteñen ao Salvador, así como as distintas expresións de dor reflexadas nos rostros dos outros personaxes. Polo demáis, o autor recorre á técnica de "panos mollados" nas vestimentas, o que reforza sen dúbida o carácter escultórico deste baixorelevo. 

No fondo da escena, a natureza cromática do jaspe ofrece un recurso muy efectista á hora de incrementar a tensión dramática do instante representado, añadindo así unha atmósfera crepuscular que harmoniza co ton arroibado das figuras. 

Finalmente, a obra complétase cun marco realizado en ébano dotado dunha decoración en tons dourados, da que falta a peza lateral dereita. 

Bibliografía
  • Andrés González, P. (2020). “De convento a museo. Las colecciones de patronazgo femenino entre las clarisas”, en Ángel Zalama, M. e Andrés González, P. (eds.), Ellas siempre han estado ahí. Coleccionismo y mujeres. Madrid: Ediciones Doce Calles, pp. 95-111.

  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.

  • Sáez González, M. (2018). “El VII Conde de Lemos transmisor del arte italiano en Galicia”, en Cruz Valdovinos, J. M. e Cañestro Donoso, A. Scripta artium in honorem prof. José Manuel Cruz Valdovinos. Alicante: Universidad de Alicante, pp. 740-749. 

Material
Xaspe
Ébano
Cera
Técnica
Fundido
Moldeado