Ir o contido principal

Relicario de Santa Ana

ana 1
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
s. XVII
Descrición

Relicario italiano de inicios do século XVII composto por un gran armazón de prata de lei e un corpo central de gran sentido pictórico e clara inspiración clasicista, no cal aparece unha combinación de diversos mármores, ágatas e outras pedras duras de orixinais e variadas cores. 

Domina a escena a imaxe central dun gran copón conformado a partir da combinación de tons amarillos, grises e azulados, que encerra unha teca central coas reliquias de santa Ana, decorada esta con alguns abelorios e ilustrada cunha cartela na que aparece a inscrición: «S. ANNA MARIAE MATER».

En canto ao marco de prata, este presenta una elaborada decoración de inspiración clásica, na que destacan dous querubins que marcan o eixo vertical da peza, as volutas en disposición paralela ás asas e rematada en ambos casos por dous rostros femininos, as cortinaxes nos laterais inferiores e a decoración vexetal nos extremos da peza.

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia. 
Material
Prata
ágatas
pedras duras
mármores de cores
Técnica
Fundido
Moldeado
Cincelado
Ensamblado