Ir o contido principal

Portapaz da Asunción

portapaz 1
Autor
Localización
Clasificación
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVI
Cronoloxía
s. XVI (último terzo)
Descrición

Portapaz de estética manierista realizado en prata sobredourada decorado con diversas placas de esmaltes. A peza segue unha disposición a modo de pequeno retablo, dividido o seu corpo central en tres rúas, coa central máis ancha que as laterais. Así, sobre un banco con saintes nos laterais, e decorado con placas de esmalte, desarróllase un espazo a modo de escena acubillado polo gran arco de medio punto da parte superior, o cal segue un esquema a modo de arco de triunfo. No centro, a placa de esmalte da parte baixa exerce de elemento de transición cara unha elaborada representación da Asunción. Nela, a Nai de Deus aparece envolta nun ampuloso manto e impulsada por anxos neno nun marcado sentido ascensional. De igual modo, a figura demostra un coidado estudo anatómico do corpo femenino, o cal presenta, sen embargo, un canon lixeiramente alongado de gusto miguelanxelesco. Destaca o tratamento das roupaxes, as cales aparecen coidadosamente representados mediante a técnica dos panos mollados. Polo demais, o fondo aparece lixeiramente difuminado dando sensación de profundidade, motivado polo emprego do sfumato como recurso expresivo. 

Como se dixo con anterioridade, a escena está enmarcada por un gran arco de medio punto, o cal se compón por duas seccións aos laterais con decoración a base de candelieri e con sendas inscrustacións centrais de pedrería (hoxe desaparecida). A continuación, dous pinxantes serven de arranque para o gran arco que envolve a escena, o cal presenta unha especie de arquivolta decorada con esmaltes e unha secuencia de rosetas. Xa na parte superior, nas enxutas, dous anxos parecen soster a correspondente coroa sobre a cabeza da Virxe (desaparecida).

No tocante as rúas laterais, o avance do banco inferior ten continuidade nos conxuntos de columnas pareadas, xerando no conxunto unha gran sensación de amplitude espacial. Estas presentan un fuste estriado e unha sección inferior decorada a base de grutescos. Asemade, presentan capiteis corintios que sosteñen un delgado entablamento que se prolonga cara o arco antes descrito. Sobre él, a ambos lados, aparecen dous balconciños abalaustrados que encerran un organo no da dereita e un facistol con un libro de himnos no esquerdo. Este espazo aparece acubillado por sendos templetes dobles sostidos por unha secuencia ascensional de estípites e cariátides, respectivamente. 

De novo, no extremo superior, un friso con unha longa placa de esmalte da lugar ao frontón de remate, o cal contén no seu centro un medallón cunha pomba, símbolo esta do Espírito Santo. En cada un dos vértices do triángulo, tres figuras, dúas femininas nos laterais e unha central, a cal represente a Cristo bendicindo entre duas finas volutas.

A parte traseira presenta unha decoración mais complexa, no que unha gran sección con un patrón formado a base de candelieri serve como sustento para unha figura coroada que nos remite aos modelos do Sol Invicto da Antigüidade romana.

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (1987). La platería en Monforte de Lemos. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Prata
Esmaltes
Técnica
Fundido
Moldeado
Torneado
Cincelado
Dourado
Ensamblado