Ir o contido principal

Ecce Homo

ecce 1
Autor
Localización
Lugar de orixe
Orixe atribuída
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
s. XVII (primeiro terzo)
Descrición

Escultura de busto sobre peana que representa a Cristo como Ecce Homo. A imaxe mostra a un Cristo doente, coroado de espiñas, cos brazos recollidos sobre o peito e parcialmente cuberto por un manto azul. O áspero cordón co que fora atado durante a flaxelación deslízase suavemente entre os dedos da man esquerda, mentres que na dereita, xa liberada, son visibles as marcas das abrasións provocadas polo mesmo.

A obra incorpora algúns dos elementos máis recoñecibles do barroco hispano. Así, represéntase un Cristo que manifesta os sinais do martirio por medio do seu  do corpo, recorrendo a recursos expresivos como os ollos de vidro, as bágoas de resina ou o cordón real que rodea a figura. O descoñecido autor demostra un profundo coñecemento da anatomía humana e unha notable atención polo detalle, chegando incluso a representar aspectos como as veas das mans. A policromía contribúe a intensificar a crudeza coa que se transmite o sufrimento do Diviño Salvador, malia os repintes posteriores sufridos pola peza.

Desde o punto de vista iconográfico, a escultura remite á escena evanxélica na que Cristo é presentado ao pobo tras ser sentenciado: “Entón saíu fóra Xesús, levando a coroa de espiños e o manto de púrpura. Pilatos díxolles: - Velaquí o home” (Xn 19, 5).

O busto repousa sobre unha peana de sección octogonal, decorada con anxelotes en sete das súas caras e cunha cartela frontal que identifica o tema representado: «ECCE HOMO».

Este tipo de imaxes de busto foron frecuentes na escola granadina, como se pode apreciar na produción de escultores coma Pedro de Mena ou José de Mora.

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Lorenzana Lamelo, M.ª L. (1986) Aportación documental al estudio histórico-artístico de dos fundaciones monfortinas: el colegio de la Compañía y el Convento de las Clarisas. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela.
  • Sáez González, M. (2012). Del Reino de Nápoles a las Clarisas de Monforte de Lemos: escultura del siglo XVII en madera. Lugo: Diputación de Lugo.
  • Valle Pérez, J. C., y Fernández Otero, J. C. (1993). Os Museos da Igrexa en Galicia. Ourense: Xunta de Galicia. 
Material
Madeira
Cristal
Resina
Técnica
Tallado
Policromado
Postizos