Ir o contido principal

Cristo Xacente

Cristo Yacente
Localización
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
1631-1636
Descrición

Esta imaxe escultórica representa a Cristo en posición xacente, inmediatamente despois da Crucifixión. Realizada en madeira policromada, a obra destaca polo seu realismo e detallismo, froito dun coidado estudo anatómico e dunha técnica escultórica refinada. O corpo, tallado como peza exenta, está pensado para ser contemplado desde todos os ángulos, o que permite apreciar a complexidade e expresividade da figura.

Gregorio Fernández emprega diversos recursos para acentuar o naturalismo da obra: ollos de cristal, dentes de marfil, uñas postizas, paño de pureza en tea encolada, así como resinas e cortiza para representar as feridas. Estes elementos contribúen a alcanzar unha representación impactante e conmovedora do corpo de Cristo, esgotado polo sufrimento, co rostro afiado e a cabeza inclinada cara á dereita.

A policromía reforza a veracidade da anatomía, permitindo distinguir musculatura, estrutura ósea e incluso veas. Especial atención merece o rostro, onde o artista logra inmortalizar a serenidade de Cristo ante o seu terrible padecemento, transmitindo unha intensa carga emocional e espiritual.

A obra repousa sobre unha almofada e un colchón, tamén tallados en madeira policromada, que acadan un notable efecto táctil e de suavidade. O conxunto complétase cunha furna procesional de madeira e cristal, na que se custodia a escultura na actualidade.

Este exemplar é considerado o de maior calidade técnica entre os diversos "xacentes" realizados por Gregorio Fernández ao longo da súa traxectoria artística. Foi encargado arredor do ano 1610 polo Duque de Lerma para a súa filla, Catalina de la Cerda y Sandoval (1580–1648), fundadora do convento das MM. Clarisas de Monforte de Lemos.
 

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Sáez González, M. (2012). Del Reino de Nápoles a las Clarisas de Monforte de Lemos: escultura del siglo XVII en madera. Lugo: Diputación de Lugo.
  • Valle Pérez, J. C., y Fernández Otero, J. C. (1993). Os Museos da Igrexa en Galicia. Ourense: Xunta de Galicia.
     
Material
Madeira
Cristal
Cortiza
Marfil
Tea encoada
Técnica
Tallado
Policromado
Postizos