Ir o contido principal

Busto Relicario de Santa Lucía

BUSTO RELICARIO DE SANTA LUCÍA
Localización
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
1613 – 1614
Descrición

Escultura de medio busto en madeira que representa a Santa Lucía. A peza presenta unha muller xove, cuberta por un manto que cae desde os ombreiros e ataviada con camisa e túnica suxeita por un cingidor. O artista presta especial atención ao peiteado, aspecto cacerístico nas pezas desta serie: trenzas onduladas suxeitas por unha diadema floral.

Dende o punto de vista iconográfico, a mártir aparece identificada polos seus atributos tradicionais: a copa cos ollos, alusión ás variantes da tradición que salientan a beleza dos mesmos; a diadema de flores, atributo compartido con outras vírxes; e a palma do martirio, símbolo da victoria tras o sacrificio. Polo demais, o deseño destes bustos relacionouse tanto coa influencia directa de modelos de inspiración manierista como co influxo de modelos difundidos mediante gravados (Fernández Ahijado, 2013: 148).

A parte inferior apóiase sobre unha peana de sección cruciforme que, na súa cara frontal, incorpora unha teca coa reliquia da santa. Cómpre salientar que a obra estaba provista dun nimbo, actualmente separado da peza (cf. Sáez González, 2012: 60–61).

Bibliografía
  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.
  • Fernández Ahijado, C. (2013). “Nuevos bustos-relicario femeninos napolitanos de hacia 1630”. Archivo Español De Arte, 86 (342), 143–149. https://doi.org/10.3989/aearte.2013.v86.i342.541
  • Sáez González, M. (2006). “Escultores, entalladores y marmolistas que trabajaron en Nápoles para el virrey de Lemos (1610 – 1616)”, en Ricerche sul 600 napoletano. Saggi e documenti 2006. Nápoles, pp. 51-74.
  • Sáez González, M. (2012). Del Reino de Nápoles a las Clarisas de Monforte de Lemos: escultura del siglo XVII en madera. Lugo: Diputación de Lugo.
Material
Madeira
Estuco
Bol de Armenia
Lámina de ouro
Prata
Técnica
Tallado
Dourado
Prateado