Ir o contido principal

Busto relicario de San Sebastián

sebastián 1
Localización
Lugar de orixe
Estilo
Século
XVII
Cronoloxía
1613 - 1614
Descrición

Busto relicario que representa a S. Sebastián de medio corpo no momento do seu martirio. O artista mostra a un home mozo, de corpo semiespido, unicamente cuberto por un pequeno pano e atado a unha árbore. A figura adopta un escorzo que busca dirixir a atención cara ao sacrificio que está a padecer, no que desaparecen as tradicionais frechas e se manifesta un meditado interese por subliñar, a través da mirada, a palma da vitoria recentemente alcanzada, coñecido símbolo de triunfo dos mártires cristiáns.

Destaca o contraste cromático entre o corpo grisáceo do santo e os elementos dourados nos cabelos, na árbore, na palma e no pano. Do mesmo xeito, a figura susténtase sobre unha peana moldurada de sección cruciforme, tamén dourada, que conserva a tradicional oquedade central destinada a albergar reliquias, tal como se observa noutras pezas da mesma serie.

Bibliografía
  • Andrés González, P. (2020). “De convento a museo. Las colecciones de patronazgo femenino entre las clarisas”, en Ángel Zalama, M. e Andrés González, P. (eds.), Ellas siempre han estado ahí. Coleccionismo y mujeres. Madrid: Ediciones Doce Calles, pp. 95-111.

  • Chamoso Lamas, M. y Casamar, M. (1980). Museo de Arte Sacro Clarisas de Monforte de Lemos. Madrid: Caja de Ahorros de Galicia.

  • Sáez González, M. (2012). Del Reino de Nápoles a las Clarisas de Monforte de Lemos: escultura del siglo XVII en madera. Lugo: Diputación de Lugo. 

Material
Madeira
Estuco
Bol de Armenia
Lámina de ouro
Lámina de prata
Técnica
Tallado
Dourado
Prateado